5/03/2018

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril, conmemoramos no Centro "O Día Internaciónal do Libro". Como ven sendo habitual, realizamos os "Apadriñamentos Lectores", onde o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria "apadriñou" a un neno (en algún caso dous) para lerlle un conto.
Á cuarta sesión da mañá, cada padriño foi buscar ao seu afillado á aula para levalo a un rincón do patio e lerlle o seu conto. Os afillados agasallaron aos seus padriños cuns marcapáxinas elaborados por eles.
Despois disto xogaron polo patio.

Resultou unha actividade moi entrañable!


































HOMENAXE A JOSÉ DÍAZ FERNÁNDEZ

A delegación de Cultura do Concello de Foz, convidou ao noso Centro a asistir á exposición - homenaxe ao artísta focego José Díaz Fernández, alias "Pepe de Burón".

O alumnado do noso centro, organizado por cursos, acudíu, en distintas sesións dende o 16 ao 20 de abril, á Casa da Cultura para ver a evolución da imprenta desde a xilografía, pasando pola recreación da de Guntenberg do século XV.













EXCURSIÓN STEM - SANTIAGO

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria,  invitado pola "Consellería de Educación" acudíu a unha exposición de traballos de diferentes Centros Educativos relacionada coa temática "STEM" (Science, Technology, Engineering and Maths).
Ao chegar tivemos unha sorpresa moi especial, Pedro Duque estaba convidado a abrir a xornada!!! Falounos de como se convertíu en astronauta, das sensacións que lle provocaban as viaxes ao espazo e da importancia de traballar coa ciencia dende pequenos. Foi fantástico!!

Na exposición puidemos disfrutar de cantidade de traballos elaborados en distintos Centros da nosa Comunidade relacionados coa ciencia, a robótica, as matemáticas...

Despois da exposición, fomos xantar á Cidade da Cultura e a continuación voltamos a Foz.