4/23/2010

VENRES, 23 DE ABRIL DE 2010

DÍA DO LIBRO

"Non hai mellor fragata ca un libro para nos levar a terras afastadas"

Emily Dickinson.


Para conmemorar o día do libro no noso cole, temos preparadas unha serie de actividades, das que vos ensinaremos, en vindeiras novas con imaxes e vídeos:

  • Concurso de redacción para a posterior elaboración dun libro que recolla as historias e debuxos de cada neno do centro. Darase un premio por curso.
  • Visita dun contacontos ao centro, reparto de premios do concurso. (Xoves 22 de Abril de 2010)
  • Acto de conmemoración no salón de celebracións para ler as historias dos gañadores, falar sobre a data de celebración deste día e lectura dun conto adaptado sobre "Don Quijote de la Mancha". (23 de Abril de 2010)


Ningún comentario:

Publicar un comentario