5/03/2018

EXCURSIÓN STEM - SANTIAGO

O pasado venres 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria,  invitado pola "Consellería de Educación" acudíu a unha exposición de traballos de diferentes Centros Educativos relacionada coa temática "STEM" (Science, Technology, Engineering and Maths).
Ao chegar tivemos unha sorpresa moi especial, Pedro Duque estaba convidado a abrir a xornada!!! Falounos de como se convertíu en astronauta, das sensacións que lle provocaban as viaxes ao espazo e da importancia de traballar coa ciencia dende pequenos. Foi fantástico!!

Na exposición puidemos disfrutar de cantidade de traballos elaborados en distintos Centros da nosa Comunidade relacionados coa ciencia, a robótica, as matemáticas...

Despois da exposición, fomos xantar á Cidade da Cultura e a continuación voltamos a Foz.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario