4/23/2024

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

 A orixe da celebración do Día do Libro remóntase a 1926.

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakaspeare, Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a Literatura Universal escolleuna a UNESCO para homenaxear mundialmente o libro e os seus autores e alentar a todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer pola lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Nós, no cole, celebramos este Día cos "Apadriñamentos lectores". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria elixen contos para lerlles, contarlles, teatralizarlles... aos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria en diferentes espazos do colexio: patios, pavillón, biblioteca, recibidores... Os afillados, como agasallo, regálanlles aos padriños ou madriñas marcapáxinas  para que os recorden cando lean. 

Para rematar a xornada xogaron todos xuntos no patio.

Esta actividade gústalles moito.

DÍA DO LIBRO de Bibliochicharrón Foz

FLORA E FAUNA DA CONTORNA

 A principios do segundo trimestre enviamos ás familias unha nota pedíndolles fotos de flora e/ou fauna da contorna para poder coñecela un pouco máis e así valorala e coidala.

A resposta que tivemos foi xenial, moitas fotos nos enviaron!!!!!.

Con elas decidimos montar un libro xigante coa axuda dos axudantes de biblioteca.

A continuación vémolos traballando e concentrados na labor.

Expoñerémolo no recibidor do cole e invitaremos ás familias a velo.

 










4/17/2024

OBRADOIRO - RADIO NA BIBLIO

 O xoves, 4 de abril, durante a xornada de mañá, todo o alumnado de quinto e sexto de primaria gozou do obradorio de "Radio Escolar" que realizamos todos os anos pola participación do centro no programa de "Radio na Biblio" dentro do proxecto de Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión, foi a Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas ondas!" a encargada de realizar as actividades, impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe profesional, quen se encargou de traballar co alumnado distintas actividades de entoación, pronunciación, colocación da voz... para facer mais atractivos os nosos podcast.

Desfrutamos un montón e esperamos poñer en práctica todo o aprendido!









 


4/16/2024

FOMENTO DA LECTURA NAS AULAS

 Os nenos e nenas voluntarios de 5º e 6º de primaria durante o 1º e 2º trimestres e na hora de ler, prepararon contos para ir lelos e escenificalos ás aulas de Infantil e de Primaria. Seguidamente acompañábanos á Biblioteca para que leran, xogaran no espazo maker e emprestaran libros.

Gozan moito con esta actividade.

 











3/22/2024

INTERCULTURALIDADE

 A auxiliar de conversa, Cristina, ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º explicoulles a tradición de San Patricks en Chicago.

En Plástica fixeron o seguinte mural que lles quedou chulísimo.

 


VISITA RESIDENCIA TERCEIRA IDADE

 O venres 15 de marzo o alumnado de 5º de Primaria, xunto coa súa titora, visitou a Residencia e Centro de Día da Terceira Idade de Foz para compartir dúas horas de lecer coas persoas maiores e coas súas coidadoras.

Gustounos moito e grazas ao persoal da Residencia por permitirnos compartir dúas horas con eles.

 


 












 

VISITA RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA de Bibliochicharrón Foz

3/19/2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

 O día 8 de marzo celebramos os logros das mulleres en todos os campos e tamén pedimos máis avances na igualdade entre elas e os homes.

No cole, conmemorámolo da seguinte maneira:

  • Fixemos un mural para o recibidor do cole con caras de mulleres recortadas de revistas, coa participación de todos.
  • Visitounos Chus, mamá de Carmela, alumna de 3º.,traballa na Consellería de Medio Rural, no servizo de incendios forestais. Falounos da flora e fauna do entorno, da necesidade de coidalo, da perigosidade dos incendios e da necesidade de evitalos.
  • Nas aulas fixéronse traballos para reflexionar sobre a igualdade.
  • En Plástica, os cursos de 3º, 4º 5º e 6º fixeron a flor de "A nosa muller máis importante". Estas flores forman parte do mural da entrada.
  • O alumnado de 5º e 6º elaborou o libro titulado "As nosas mulleres", onde se poden ver mulleres galegas que destacan pola súa profesión: cantantes, científicas, futbolistas...
  • Este mesmo alumnado fixo tarxetas con "lemas" a favor da igualdade, para un photocall.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO de Bibliochicharrón Foz